Entre os anos 1659 e 1900, ambos incluídos, houbo en Ortoño 1549
matrimonios dos que se ten constancia. Destes, 731 ámbolos dous contraintes
eran naturais de Ortoño. Dos restantes 818, 772 foron matrimonios mixtos, onde
a inmensa maioría o mozo non era de Ortoño e a moza si. E finalmente uns 46
matrimonios onde ambos contraintes non era naturais de Ortoño. É certo que
moitos destes matrimonios pasaron a residir fora de Ortoño, xa que era costume
que a noiva fixese o seu enlace na igrexa parroquial de onde era natural, aínda
que despois pasase a vivir na parroquia do seu marido.
Os matrimonios mixtos esténdense máis ou menos uniformemente ó longo de
estes dous séculos e medio. Sen embargo, existe unha evolución co paso do
tempo. Así nos s. XVII e XVIII abundaban os enlaces entre xentes de parroquias
veciñas a Ortoño, pero a medida que nos achegamos o final do s. XVIII e
entramos no XIX esa tendencia muda. Baixan as unións entre os veciños da
comarca e empezan a vir xentes, maiormente varóns de outras bisbarras que casan
en Ortoño, formando novas familias. Esta tendencia non é exclusiva de Ortoño se
non que debeu ser común a todas as parroquias do val da Maía.
Como exemplo temos a veciña parroquia de Bugallido. Dos 772 matrimonios
mixtos que tiveron lugar en Ortoño, houbo 130 que correspondían a feligreses de
Bugallido que casaron en Ortoño. A seguinte con máis enlaces en Ortoño é Os
Ánxeles con 101 nos 241 anos deste período. E en terceiro lugar, para rematar
este reconto, situase San Xulián de Bastavales con 54 unións. Entre as tres
suman máis dun tercio de todos os matrimonios mixtos..Resultado máis que
natural e esperado tendo en conta que ámbalas tres manteñen límites xeográficos
comúns con Ortoño. Hai que ter en conta que este dato pode ser engañoso xa que
posiblemente a metade de estes enlaces acababan por asentarse a partes iguais
nas parroquias de orixe dos novos conxugues. Pola contra os enlaces entre
xentes, sobre todos varóns, de parroquias lonxanas a Ortoño, con feligresas de
Ortoño, aínda que sexan menores en número soianse asentar en Ortoño.
Damos a continuación o nome de todas estas parroquias agrupadas por
concellos, cidades, bispados ou países que suman un total de 203. Da maior
parte delas soamente un veciño ou dous acabou casando en Ortoño.
Abegondo: Visoño.
Ames: Agrón, Ameixenda, Ames, Biduido,
Bugallido, Covas, Lens, Piñeiro, Trasmonte.
Arteixo: Monteagudo
Arzua: Arzua, Burres, Domboan, Oines, Rendal,
Villantime.
Astorga (diocese): Quintanilla de la cuesta, concello de
Truchas, provincia de León.
Baña, A: A Baña, Barcala, Barro, A Riba,
Cabanas, Corneira, Ermida, Fiopáns, Lañas, Marcelle, Ordoeste, Troitosende.
Barcelona (cidade)
Betanzos: Piadera
Boimorto: Andarao, Arceo.
Boqueixón: Pousada
Brión: Ánxeles,Bastavales (Divino Salvador),
Bastavales (San Xulián), Boullón, Brión; Óns, Viceso.
Cabana de Bergantiños: Nantón, Rioboo.
Cambre: Cecebre
Carballo: Entrecruces, Rus.
Cerceda: Cerceda, Rodis, Xesteda.
Cesuras: Filgueira da Barranca.
Coristanco: Agualada, Coristanco, Cuns, Oca, Seavia.
Culleredo: Rutis
Cuntis: Cequeril, Cuntis, Estacas, Piñeiro.
Estrada: Couso
Frades: Abellan, Aña, Gafoy, Lendoira, Moan,
Papucín.
Francia (Pais)
Lalín: Soutolongo
Laracha: Montemaior
Lopera (provincia de Jaen)
Lousame: Lousame, Toxosoutos, Vilacoba.
Lugo (diocese): Taboada, Agrade en Chantada, Bonxe en
Outeiro de Rei, Arcos en Chantada, Lugo
Mazaricos: Eirón.
Meaño: Dena.
Melide: Melide
Mesía: Bascoy, Benza, Boado, Castro, Mesía, Olas
Moraña: Lamas, Laxe, Moraña, Sayans.
Muros: Louro
Negreira: Albite, Aro, Gonte, Logrosa, Portor.
Noia: Barro, Noia Roo.
Ordes: Barbeiros, Poulo.
Oroso: Cárdama, Marcoa, Oroso, Senra,
Villaromaris.
Outes: Outeiro
Oviedo (diocese): Riofrío
Padrón: Carcacia, Cruces, Iria, Padrón.
Pino, O: Arca, Castrofeito, Cerceda, Gonzar,
Medín, Pastor.
Poio: Samieira
Pontevedra (cidade)
Porto do Son: Goians
Portugal (pais): Aracide, Laros en Filgueira da Foz, Rilo,
Vieira en Leiría.
Rianxo (Vila)
Ribeira: Artes, Carreira.
Rois: Augasantas, Buxán, Costa, Remedelo,
Loroño, Ribasar, Sorribas, Urdilde.
Sada: Mondego.
Santiago: Agros, Busto, Barciela, Berdía, Conxo,
Eixo, Enfesta, Grixoa, Laraño, Figueiras, Real Hospital, Sabugueira, San
Fructuoso, San Juan Apóstolo, Santa Susana, Sar, Villestro.
Santacomba: Fontecada, Freixeiro, Montouto,
Santacomba, Ser, Xallas de Castriz.
Sobrado dos monxes: Folgoso
Teo: Calo, Óns, Rariz, Teo.
Tordoia: Bárdaos, Cabaleiros, Castenda, Gorgullos,
Viladabade.
Touro: Lojo, Ribeira.
Trazo: Campo, Morlán, Restande, Xavestre.
Tui (diocese): Caldelas Tui, A Guarda, Salcidos,
Tortoreos, Tui.
Val do Dubra: Arabexo, Bembibre, Buxán, Coucieiro,
Nibeiro, Paramos, Portomouro, Rial, Sanroman, Vilariño.
Vedra: Ponteulla
Vilagarcia de Arousa: Carril, Sobran.
Vimianzo: Cambeda, Tines, Treos.
Zas: Gándara, Méanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario