martes, 11 de octubre de 2011

Pedregal VI

Un corsario percivindo rendas no Pedregal.



Máis arriba, tiñamos falado dos distintos dominios que entraban, tanto na parroquia como, en particular, no lugar do Pedregal. O máis importante érao sen dubida o conde de Altamira, pero había outros máis pequenos que chegaron a ter relevancia.

Un deles era o marques de Leis, que tiña ascendentes na parroquia de Ortoño no s. XVII, sendo esta a explicación da súa presencia nos foros e prorrateos do s. XVIII e XIX.

Pazo dos Leis na parroquia de Barro na Baña. Foto: http://www.tierrasdesantiago.com/img/noticias/20071225/4_99223.jpg

A familia dos González da Condomiña, ó parecer dedicábase ó comercio xa dende o s. XVI. A súa boa posición económica tradúcese nunha alta actividade de compra de propiedades por toda a Maía a primeiros do s. XVII. A esto únese unha política de matrimonios ca fidalguía máis relevante da area de Santiago. Emparenta, deste xeito, cos Ruanova-España, asentados en San Salvador de Bastavales, e moi influentes en Compostela. Esta familia tiña posesións en Bertamiráns, Casaliño, Pedregal e Lapido, e o parecer estaban vinculadas a unha capela e obra pía de misas dentro da Catedral Compostelán que fundara cara 1594 un tal Juan de España “el mayor”. Cara finais do século XVII, esta rama de Bastavales, emparenta cos Leis de Barro, no actual concello da Baña, e finalmente cos Gago de Mendoza da cidade de Pontevedra. Fillo deste matrimonio composto por Don Pedro Gago de Mendoza e Dona Juana Romero de Leis e España foino Don José Bernardo Romero de Leis. Este pontevedrés, enrolouse cara 1734 nas tropas españolas comandadas polo duque de Toscana D. Carlos, fillo do rei de España Felipe V, para a conquista do reino de Nápoles, aproveitando a guerra da cuádruple alianza sobre outras contendas en Europa. E efectivamente gañouse Nápoles ós austríacos e posteriormente Sicilia, de xeito que Don Carlos consígueo a coroa destes Reinos. No 12 de maio do ano seguinte de 1735, D. José Bernardo e nomeado Marques de Leis polo novo monarca polos servicios prestados en Oran, Ceuta e Dúas Sicilias, chegando previamente a ser Mariscal de Campo e Tenente Xeneral dos reais exércitos.
A ría de Pontevedra, onde o marques de Leis e os seus homes tiña a sua base de operacións. Foto: https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjJq8sgNRFPJnsH8x41UbBvDWp6lKjvNK9TVWKdDs5PzDbdjv3VerutpXmuY6RRBTouRCXPpSSq08dK-AdoF5FOMh2LB2Hddg5sknHyq31E9E7sDaabJg2NCWnXZwLVlHv4qTjDl-zeiho/s400/Ria-de-Pontevedra-isla-de-Tambo-y-desembocadura-del-rio-Lerez.jpg

Voltado a Pontevedra el e os seus irmáns, empregando, quizais, as mesmas técnicas que en Italia, dedicáronse a non moi diferentes menesteres. Xa que o marques de Leis obtivo patente de Corso, para poder atacar a nacións enemigas no mar, cos mesmos dereitos e deberes como a Real Armada. Deste xeito converteuse no máis famoso pirata ou corsario galego do s. XVIII.

No hay comentarios:

Publicar un comentario