lunes, 5 de abril de 2010

As pontes antigas sobre o Sar

A Ponte Cabrita de novo.

Moi recurrente é a fotografía da ponte de Francos como reclamo histórico e turístico, na nosa bisbarra, e semella que non hai máis exemplo que aquela para ensinar e conservar, non sendo así en absoluto.
A primeira entrada deste blog fora precisamente a da ponte Cabrita ou Cabirta, situada sobre o Sar entre os lugares de Quistiláns e Costoia, na antiga xurisdicción do Xiro da Rocha, entre as parroquias de Bugallido e Viduido. Lamentablemente segue sumida no esquencemento máis absoluto, tendo un interese moi grande polas súas particularidades, a pesar de que o seu acondicionamento é moi sinxelo.


Actual estado da ponte Cabrita

A ponte foi construída nunha posición estratéxica sobre o río Sar aproveitando un estreitamento deste. Aquí como en todo o tramo de río que vai dende a aldea de Pardiñas de abaixo na parroquia santiaguesa de Laraño, ata aproximadamente a de Lapido, na parroquia de Ortoño, o Sar vai encaixado entre montes, debido a que esta zona esta formada por un afloramento de rocha granítica. O río durante miles de anos foi oradando a rocha formando un estreito paso flanqueado por paredes de rocha, caendo nunha cascada. Na fig 1, mostrase o curso do río a altura do emprazamento da ponte Cabrita, onde o mallado negro representa o afloramento granítico.

Fig 1: Plano cas curvas de nivel


Un par de metros antes do emprazamento da ponte o río forma unha pequena cascada duns 4-5 mts, que fai que o estreitamento do río teña unha maior capacidade de caudal, facendo así o emprazamento da ponte máis seguro. Os restos de esta ponte corresponden presumiblemente, a súa parte máis antiga e interesante, e que consiste nun arco de cuarto de punto, que emprazado na zona máis estreita do río, ‘salta’ (de ahí o nome da ponte) da rocha máis baixa ó S, ata a máis alta ó N, cubrindo unha distancia de 1,5 mt por 2,1 mt de ancho, como se pode ver na Fig. 2. Enriba do arco, sobre todo xa fora del sobre a rocha sobre a que se sostén, queda un fragmento da ponte e o seu pavimento, con un poste do pretíl.

Fotografia dos anos 20 do s. XX



Posible reconstrucción da ponte

Nos secúlos XVII ou XVIII, esta forma simple de salvar o río Sar, mediante un arco de cuarto de punto, debeu ser perfecionada mediante obra de canteria para poder dar cabida o transito de carros. Esta posibilidade pode estar xustificada, pola necesidade dos veciños do lado esquerdo do río Sar, de ir as suas propiedades no lado dereito. De esta forma construeuse un espigón de pedra dende a parte superior do arco ata a beira sur, con un ou dous respiradeiros adintelados. Asi, o espigón convertiriase na calzada que comunicaba ambas beiras por riba do arco; este non estaba a nivel sinon que mantiña unha pendente ascendente dende o sur ata a beira norte. Esta forma é a que permaneceu ata sua desaparición no inverno do 1987 ó 1988.
As dovelas do arco, que agora se ven a vista teñen un grande desgaste, o que nos fai pensar que este pequeno arco sobre o Sar é moi antigo, quizais da alta idade media ou incluso do baixo imperio.








No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada