lunes, 1 de febrero de 2010

As xurisdiccións antigas na Maía VI

San Xoán de Ortoño

Despois de tratar en este tema varias parroquias, e tamén despois, de tratar algúns lugares da parroquia de Ortoño, presentamos agora un avance sobre a cartografía de San Xoán de Ortoño, a luz dos limites das antigas xurisdiccións que había na comarca.

Como se pode ver non se indican máis que os antigos lugares que viñan da idade media, xa que estes eran os que tiñan un territorio delimitado, sendo a base de todas as divisións administrativas, fiscais, e eclesiásticas, como imos indicando por cada lugar; omitindo as poboacións que xurdiron dende o século XVI ata a actualidade.



Pódese ver como a parroquia estaba dividida en tres franxas de norte a sur. Ó leste están os lugares de Lapido, Maguxe e Ortoño, que se unían as Cortes e a Sisalde no sur, que eran da xurisdicción de Altamira. Dicir tamén que o dominio estaba dividido pola metade en Sisalde entre Altamira e a Maía, presumiblemente pro indiviso. Polo oeste agrupábanse os lugares de Castrigo, Pedregal, O Sisto e Carballido tamén de Altamira. E para rematar no centro estaban Casal, Bertamiráns, A Condomiña ou Ribeira, As Punxeiras Altas e Baixas que eran da xurisdicción da Maía.Neste plano tamén incluímos o presumible lugar da Igrexa na xurisdicción da Maía, anque este é un punto aínda cuestionable, xa que podería pertencer a de Altamira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario