sábado, 19 de diciembre de 2009

Os notarios da xurisdicción da Maía II

Na xurisdicción da Maía, o oficio de escriban era unha concesión do arcebispo que llo concedera a unha determinada persoa. O oficio administrábao o dono podendo obrigar ó notario a renunciar e poñer outro. Sen embargo era sempre o final o arcebispo o que tiña a última palabra, xa que si os candidatos non reunían os requisitos o arcebispo podía decretar nula a concesión e o oficio volvía á el.
Non se conserva esta concesión e por tanto non sabemos en que familia recaeu, pero dispoñemos dos notarios que foron da xurisdicción ata o fin dos señoríos, e que nos dan pistas para seguir este oficio:

Domingo do Camiño ¿?- 1616
Rodrigo López Rocha 1616-1633
Juan López Rocha 1633-¿?
Domingo Freire ¿? -1676
Francisco García Otero 1676-1677
Andrés Suárez Freire 1677-1678
Matías Freire de Castro 1678-1703
Antonio Freire e España 1703-1732
Simón Freire e España 1732-1776
10º Manuel Antonio Brandoñas 1776-¿?
11º Bernardo Antonio Vázquez ¿?-¿?
12º ¿ Joseph Andrés Vilacoba ? ¿?-¿?



Do primeiro, Domingo do Camiño, non sabemos dende cando exerce. O terceiro, Juan López Rocha, presumiblemente fillo de Rodrigo, foi obrigado a renunciar polo dono do oficio, quizais porque Domingo Freire, seu sucesor e veciño de Guitiande, era parente do dono, ou o mesmo dono. Este a súa vez renuncia en 1676 en Francisco García Otero que exerce un ano soamente porque vive en Santiago e non lle convén o posto. Francisco renuncia en Andrés Suárez Freire, que ademais de ser xenro de Domingo Freire era ó mesmo tempo notario de número do coto de Nantón na xurisdicción de Barcala. Sucédeo Matías, cuñado do anterior e fillo de Domingo Freire. Síguelle, Antonio Freire, fillo de Matías e ambos veciños de Agrón. En 1732 Antonio renuncia en Simón Freire e España, seu fillo. En 1776 D. Simón, que exercía na súa casa do Casal parroquia de Ortoño, renuncia por ser vello e estar cheo de achaques para traballar. Faino en Manuel Antonio Brandoñas, fillo de D. Roque Brandoñas, funcionario estatal para as rendas do tabaco, e de Dª Mariana Cuinago. O pai de Manuel Antonio era de Viceso e súa nai de Soutomaior no actual concello de Arcade. Manuel Antonio non soamente accede a notario da xurisdicción, senón que lle compra o oficio a D. Simón, pasándolle posteriormente o oficio a seu cuñado Bernardo Antonio Vázquez. Non sabemos se este foi o derradeiro notario da xurisdicción, xa que despois de el o oficio puido ter pasado a seu xenrro Joseph Andrés Vilacoba, veciño da parroquia de Ames e fillo e neto de notarios, que por 1815 solicita e obtén o titulo de escribano real concedido por Fernando VII.

No hay comentarios:

Publicar un comentario